A Federación Galega de Caza participará con numerosas actividades na Feira de Caza, Pesca, e Natureza (FECAP), que terá lugar durante a celebración da 38ª edición da Feira Internacional “Semana Verde de Galicia”, que se desenvolverá en Silleda (Pontevedra) entre os días 11 e 14 de xuño. Entre as mútiples actividades programadas, está prevista a realización de Cursos de Formación de Xuíces e Árbitros das modalidades Cans (San Huberto e Cans de Parada), Rastro (Xabaril e Coello), e Tiro (Percorridos de Caza e Compak Sporting).
Ademais, a Feira Internacional Semana Verde de Galicia, ten previsto celebrar a II FEIRA DE CANS DE CAZA, na que que aqueles propietarios de cans que estean interesados poderán expoñer os seus animais de xeito totalmente gratuíto. As inscricións deberán realizarse mediante o boletín de inscrición que poderá descargar a continuación.
E como cada ano, a Federación Galega de Caza contará cun stand atendido en todo momento por persoal da propia Federación, para resolver as súas dúbidas sobre a FGC, así como para obter todo tipo de material divulgativo, promocións, descontos e toda a actividade federativa. Este stand estará ademáis escoltado por senllos stands das modalidades de Arco e Cetraría. Exhibicións de tiro con arco, cans de parada, rastro de xabaril, así como exposicións e diversas probas da modalidade de Agility completarán o programa de actividades da FGC para esta nova edición de FECAP.
Programa de actividades da FGC na Feira Semana Verde