Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
LEI DE CAZA
Máis de 600 cazadores déronse cita en Lugo esta fin de semana
31/3/2014

O pasado sábado (29 de marzo), tiña lugar no Salón de Actos da Xunta de Galicia en Lugo a presentación en sociedade da nova Lei de Caza de Galicia, que entrou en vigor fai apenas dous meses. Á Xornada, organizada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, asistían máis de 600 cazadores achegados de de tódolos recunchos de Galicia.

Trala inauguración da xornada, que correu a cargo da Directora Xeral de Conservación, Verónica Tellado, interviñan o Presidente e Vicepresidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira e José Luis Valcárcel, coa ponencia “Perspectivas da caza en Galicia. A nova Lei de Caza”. Nogueira disertou sobre a caza social en Galicia, e durante a súa intervención púxose de manifesto a importancia social da actividade cinexética que practican o 2% da poboación galega no seu conxunto, pero que nas provincias do interior achégase ao 3% da poboación, e destacou que na Comunidade Autónoma hai 454 Tecores administrados por sociedades de cazadores, fronte ás 25 explotacións cinexéticas comerciais, o que traducido a outros deportes sería o mesmo que dicir que en tódolos municipios de Galicia hai como mínimo un campo de fútbol. 

Durante a intervención do presidente da FGC tamén quedou patente o peso específico da federación, pois mentres que o número de cazadores está a descender tempada tras tempada, o número de federados a nivel individual no seu conxunto supera o 43%, e o número de Tecores federados aproxímase ao 90%. Nogueira remataba a súa intervención facendo fincapé tamén na importancia económica da Caza, que move en Galicia 100 millóns de euros anuais, que repercuten especialmente nas zonas rurais.

A continuación o Vicepresidente, José Luis Valcárcel, facía un repaso aos artigos máis controvertidos da Lei, e explicaba as dificultades habidas durante o proceso de negociacións, que durou preto de cinco anos. Valcárcel, que concluía a súa intervención dicindo  que finalmente quedou unha boa Lei pero que aínda quedan moitos detalles por pulir durante o trámite regulamentario, explicaba tamén as novidades da nova Lei estatal de Tráfico e Seguridade Vial que tivo unha extraordinaria acollida entre os titulares dos Tecores.

A última ponencia “Novidades e achegas da Lei 13/2013 á actividade cinexética en Galicia” corría a cargo da Directora Xeral de Conservación, Verónica Tellado, que facía exposición amena e con detalle dos diferentes apartados da nova Lei.

Á clausura do acto incorporábase o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hérnandez, e a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, que participaban previamente nunha quenda de preguntas. Sumábanse a esta mesa ademais dos ponentes, Nogueira, Valcárcel e Tellado,  o Presidente Provincial da Federación Galega de Caza en Lugo, Francisco López, e a Subdirectora Xeral de Recursos Cinexéticos, Susana Cuesta, aos que os asistentes plantexaron durante máis dunha hora as diferentes dúbidas xurdidas a raíz do novo texto legal.

O Presidente da Federación agradecía publicamente o gran labor desenvolvido pola Asesora Xurídica da FGC, Maria Teresa González, e polo anterior Presidente, José María Gómez, así como a colaboración dos federativos, sociedades, e cazadores particulares que achegaron ao ente federativo as súas suxestións e alegacións ao borrador da Lei; e en especial felicitaba ao Presidente Provincial de Lugo, Francisco López,  polo éxito na organización destas xornadas que desbordaron tódalas previsións de aforo.

Nogueira remataba a súa intervención anunciando que se lle ía facer unha licenza federativa de honra a Hugo Rodríguez Vázquez, de 10 meses,  pola atención e comportamento que o cativo amosou durante toda a xornada.
 
O Conselleiro, Agustín Hernández, daba por clausurado o acto ao tempo que informaba aos cazadores que Galicia se sumará ao protocolo da licenza única interautonómica de caza e pesca, que habilitará a cazadores e pescadores para exercer estas actividades no ámbito territorial das Comunidades Autónomas que se adhiran ao mesmo.


 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO ARCO
02/04/2024
I Curso Formativo de Cazador Arqueiro Cualificado

CURSO FORMACIÓN
24/10/2023
Curso sobre a cría da perdíz

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza