Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DEBATE CAZA
Éxito do foro de debate organizado pola ONC
18/11/2013

A sede do Ministerio de Agricultura acollía o pasado xoves, 14 de novembro, un foro organizado pola Oficinal Nacional de la Caza (ONC) baixo o título “Nuevas perspectivas para la actividad cinegética”, onde máis de 20 expertos en materia de caza se reunían para analizar e debater diversos aspectos actuais e futuros do mundo cinexético.

Comezaba o evento co presidente da ONC, Juan Antonio Sarasketa, quen agradecía ao goberno o traballo realizado para modificar a disposición adicional 9ª da Lei de Tráfico de xeito que sexa moito máis xusta para os cazadores.
Posteriormente interviña Isabel García Tejerina, secretaria xeral de Agricultura e Alimentación do Ministerio, quen aseguraba que «La actividad cinegética es una de las más importantes que tienen lugar en el medio rural» e que «además de ser lúdica, y tener un lugar en el territorio, se conforma como una actividad económica de primera magnitud».

Seguidamente comezaban as tres grandes mesas de debate nas que se dividía a xornada. A primeira delas, na que interviña o Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, centrábase na responsabilidade dos danos á agricultura e os accidentes de tráfico causados por especies cinexéticas. Os membros da mesa analizaron a actual situación desta responsabilidade ao tempo que destacaban as melloras que novas normativas como a Lei de Montes estatal ou, no caso galego, a nova Lei de Caza, incorporaban neste aspecto en beneficio dos cazadores.

Na segunda mesa, os participantes repasaron a coordinación da administración central nos aspectos que atanen ás administracións autonómicas en temas de caza. Entre os poñentes atopábase Jesús Marquina, Xefe do Servizo de Caza e Pesca da Xunta de Galicia, quen ilustrou esta situación no ámbito galego. Un dos temas que máis se puxeron en relevo foi a existencia de 17 leis de caza distintas e as incongruencias e dificultades que isto leva consigo a nivel interautonómico.

A terceira e última mesa centrouse na nova Política Agraria Común (PAC) 2014-2020 e os seus efectos no eido cinexético. Unha vez exposta esta dentro do marco da caza, así como explicado o seu sistema de axudas, destacáronse interesantes proxectos relacionados como a posibilidade da venda de carne de caza.

O peche da xornada corría a cargo de Begoña Nieto, directora xeral de Desarrollo Rural y Política Forestal do Ministerio de Agricultura, quen destacaba a importancia do sector cinexético para o crecemento económico e social do eido rural, ao tempo que agradecía o traballo realizado por este sector e animaba a celebrar máis encontros como o que se pechaba.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO ARCO
02/04/2024
I Curso Formativo de Cazador Arqueiro Cualificado

CURSO FORMACIÓN
24/10/2023
Curso sobre a cría da perdíz

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza