I Salón Nacional do Deporte, Saúde, Nutrición e Emprego – Sportis
Dende o pasado 9 ao 11 de maio, tivo lugar o I Salón Nacional do Deporte, Saúde, Nutrición e Emprego no que tivo un destacado papel a Federación Galega de Caza. O esceario de dito salón foi o Pazo da Cultura e Recinto Feiral de Pontevedra.
As actividades programadas pola Federación Galega de Caza tiveron lugar na xornada inaugural, o xoves día 9 de maio. A xente que accedeu a dito salón puido coñecer e introducirse no mundo da Cetraría a cargo da Sociedade Galega de Cetrería; así como no mundo do arco das mans da Sociedade pontevedresa de Caza con Arco.
Para rematar o programa de actividades, o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, acompañado do xove cazador Martín Romero co-autor dun traballo sobre o Anteproxecto da Lei de Caza de Galicia da Facultade de Ciencias Políticas, realizaron unha conferencia que versou sobre “¿É a caza un deporte?”.