O arco, e a cetraría, mesturaranse coa capoeira e coa zumba, entroutras moitas actividades.
O Pazo da Cultura e Recinto Feiral de Pontevedra, acollerán os días 9, 10 e 11 de maio o primeiro Salón Nacional do Deporte, Saúde, Nutrición e Emprego, SPORTIS 2013, no que colabora a Federación Galega de Caza.
A inauguración oficial será o xoves día 9, ás 13 horas; precisamente as actividades cinexéticas desenvolveranse o día da xornada inaugural.
Ás 10 horas arrancarán as exhibicións de caza con arco, baixo a organización do Clube Cazarco, na que poderán participar nenos e maiores; e ás 12 horas comezará a exposición de cetraría, que organiza a Asociación Galega de Cetraría; ámbalas dúas actividades prorrogaranse ao longo de todo o día.
Ás 13,30 horas, dentro do programa Fórmate, o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, disertará na Sala Coca-cola sobre “É a caza un Deporte?”, acompañado de Martín Romero, un mozo-cazador boirense, estudante de ciencias políticas.
A Federación aproveita para invitar a tódolos cazadores galegos e afeccionados en xeral a participar nas súas actividades.
Descargar Programa de Actividades (provisional)
Invitacións gratuítas na FGC. Consulte dispoñibilidade