Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NOVO LOGOTIPO
Mutuasport renova a súa imaxe
10/4/2013

Mutuasport, a mutua de seguros dos cazadores, con máis de 30 anos asegurando a cazadores e sociedades de caza de toda España, ven de dar un lavado de cara á súa presenza corporativa, renovando e modernizando a imaxe de marca.

Finalmente foi o logotipo votado maioritariamente polos cazadores galegos a trav&s da páxina web da Federación o elixido para identificar a Mutuasport, formado por unha serie de círculos concéntricos que representan o punto de mira do cazador, baixo o lema “Seguros en la caza”.

A nova identidade pretende conseguir mellorar a súa diferenciación e afianzar o seu posicionamento no mercado como marca líder no eido asegurador, recollendo a solidez dunha traxectoria consolidada a través dunha tipografía sinxela que transmite serenidade e confianza.

Esta renovación pretende ir máis alá da simple imaxe, pois Mutuasport renovará a súa páxina web e potenciará a súa presenza nas redes sociais co fin de achegarse aos cazadores dun xeito máis directo e persoal.

Ver nota de prensa Mutuasport

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO ARCO
02/04/2024
I Curso Formativo de Cazador Arqueiro Cualificado

CURSO FORMACIÓN
24/10/2023
Curso sobre a cría da perdíz

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza