Estas axudas, de 750€ cada unha, supoñen a metade da matrícula desta titulación superior.
Aqueles cazadores que dispoñan dun seguro federativo tipo “Q” ou tipo “S”, sexan titulados superiores universitarios (diplomado ou licenciado) e presenten a documentación solicitada por Mutuasport (currículum vitae e certificación académica da titulación) antes do vindeiro 12 de novembro poderán optar ás axudas que convoca Mutuasport, a Mutua dos Cazadores.
Entre tódalas solicitudes recibidas, que cumpran con tódolos requisitos, levarase a cabo un sorteo o 14 de novembro na sede de Mutuasport, de onde sairán seleccionados os catro bolseiros. Esta listaxe será publicada na páxina web de Mutuasport (www.mutuasport.com)
Con esta iniciativa Mutuasport pretende reforzar o interese pola actividade cinexética, así como promocionala a través da formación e a especialización de titulados superiores. Esta mellor formación repercutirá sen dúbida nunha mellor xestión e aproveitamento cinexético do medio natural, así como o fomento de mellores prácticas de seguridade na caza.