A xornada celebrarase o vindeiro 14 de xullo e terá lugar na Casa do Pobo de Xesta (A Lama -Pontevedra)
O vindeiro sábado 14 de xullo terá lugar a primeira xornada para a divulgación do monte veciñal e a condición de comuneiro organizada pola Comunidade de Montes de Xesta (A Lama - Pontevedra).
A xornada dará comenzo ás 9 horas coa recepción e entrega de documentación para que posteriormente o alcalde de A Lama, Jorge Canda Martínez de por inaugurada a xornada.
Dende as 10:00 ata as 12:00 horas terá lugar o turno de ponencias nas que intervirán Javier Nogueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza cunha intervención baixo o título "Aproveitamento cinexético dentro das Comunidades de Montes; A seguinte ponencia de José Alfredo Pereira Martínez versará sobre o presente e o futuro do monte veciñal.
Mais tarde, chegará o turno de Luis Eusebio Fidalgo Álvarez que expoñerá aos alí presentes o tema de "O aproveitamento gandeiro no monte comunitario". Do valor forestal do monte falará aos asistentes o ponente Jesús de la Fuente Villar para pechar o turno de intervencións Calixto Escariz Vázquez baixo o título "Dos dereitos do comuneiro e do dereito de participación".
Xa na segunda parte da xornada terá lugar a mesa redonda de debate para xa ás 14:00 Francisco Couselo Castiñeira, presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Xesta dara por clausurada a xornada.