Na Feira Internacional Semana Verde de Silleda, unha vez máis, e como non podía ser doutro xeito a Federación Galega de Caza estará presente co seu stand dende o primeiro día de hoxe ata o domingo día 17 que terá lugar a clausura da Feira Internacional.
En colaboración coa Real Federación Española de Caza, o stand da FGC repartirá entre os asistentes material divulgativo sobre as actividades e proxectos da Federación, así como exemplares das revistas Galicia Cinexética e Federcaza, DVDs, chalecos e sinais de seguridade e todo tipo de material promocional.
Ademais de aprovisionarse de material e información, os asistentes ao stand da Federación poderán disfrutar da que sen dúbida é unha das grandes atraccións da feira: o simulador de tiro virtual. Xente de tódalas idades, dende nenos ata maiores, poderán probar a súa pericia coa escopeta ou a pistola e abater xabariles, patos, coellos, perdices, pratos e dianas de todo tipo nos diversos xogos cos que conta o simulador.
Dende a FGC aconsellamos a tódolos visitantes, cazadores ou non, que se acheguen ao noso stand para coñecer máis de preto á Federación de tódolos cazadores galegos.