Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PERIODIPESCA 2012
A vixésima edición de Periodipesca acadou en terras de Pantón un novo éxito
9/5/2012

O concello lucense de Pantón acolleu a vixésima edición do Congreso Periodipesca especializado en caza, pesca, medio ambiente e turismo natural e de aventura, que se desenrolou de maneira exitosa do 28 de abril ao 1 de maio.

Arquitectura, gastronomía, natureza e relax fixeron que os catro días de congreso foran como un oasis na voráxine rutinaria distes periodistas e expertos chegados dende todos os puntos de España e Portugal.

Aloxados no “Hotel Oca Augas Santas” de Pantón, con acceso libre ao balneario, case un centenar de congresistas visitaron tamén o Monasterio Benedictino e o Convento de Clausura das Nais Bernardas de Pantón, onde moitos quixeron levarse de recordo os típicos e deliciosos doces.

Gastronomía e visita a Sober
E de gastronomía púidose disfrutar todos os días: polbo á feira, cordeiro asado en forno de leña, marisco da ría, embutidos artesanais de matanza…, e incluso chistorra navarra, doada por un dos congresistas. Pero na terra que amablemente nos acolleu non se pode obviar os caldos da Ribeira Sacra, exquisitos, que se cultivan nas ribeiras dos ríos Miño e Sil. Tamén os famosos Ribeiros doados polo CRDOR estiveron presentes en todas as comidas e ceas, así como os deliciosos  albariños portugueses.

Este ano a tradicional excursión transcorreu no concello limítrofe de Sober. Alí quixo engadirse ao congreso o Conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez e a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, compartindo, charla, mesa e mantel cos congresistas. Durante a visita  disfrutouse da igrexa de Cadeiras onde o mirador sobre o Canón do Sil mostrou as maxestuosidades e escarpadas ladeiras da zona.
Polo serán, logo do xantar, púidose vivir a artesanía de preto en primeira persoa, foi en Gundivós, onde na vella e restaurada Retoral deste municipio, o artesán Elías González, un dos derradeiros alfareiros da zona, nos amosou en directo cómo se fan as únicas vasixas, olas, e outros recipientes con acabado en negro. Todo un espectáculo.

Xornadas Técnicas
Como sempre en Periodipesca, a teoría e o debate sobre a natureza, a caza e a pesca estiveron moi presentes. O primeiro día de congreso celebrábanse as Xornadas Técnicas. Nesta ocasión autoridades e expertos disertaron sobre a Nova Lei de Caza Galega; O turismo rural en Galicia; As perspectivas da Pesca Continental; A caza, deporte e conservación. E dúas mesas redondas en onde se abriu o debate: Captura e solta o pesca con morte; e, Problemas dun deporte ancestral e rural, a caza, que resultaron tan interesantes como polémicos, a pesares do pouco tempo do que dispuxeron os compoñentes das mesas, que foron presentadas e coordinadas maxistralmente por Nerea Haig (Directora da Revista Sustrai) e Israel Hernández (Director das revistas Trofeo y Jara y Sedal).

Campionato de Pesca
Pasando ao apartado deportivo, Luís Macías Brea,  cunha troita de preto medio kilo e Pedro R. Lestón con outra dun cuarto fixéronse cos dous primeiros premios do Campionato Internacional de Pesca para Periodistas Especializados. O terceiro premio, outorgado por sorteo, recaeu no pescador vigués, Alex Hinrichs.

O escenario competitivo foi o río Cabe (zona libre), que baixaba con augas algo turbias e un pouco alto de caudal debido ás recentes choivas. O total de participantes non superou a ducia e o número de capturas non se puido un queixar para os tempos que corren, aínda que tan so dúas pezas deron a talla mínima (25 cms.) esixida no concurso. As demais foron devoltas ao río con vida.

Recoñecementos
No capítulo de recoñecementos, nesta vixésima edición foron distinguidos, entre outros, o actual Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Jesús Juárez Casado, pola súa destacada labor na defensa do medio natural e moi especialmente no apartado cinexético e piscícola, na súa etapa de responsable da Consellería de Medio Rural. O periodista gaditano, José Ignacio Ñudi, Director da Revista “Trofeo”, pola súa dilatada e fértil labor informativa. E o Alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, polo seu apoio a esta edición de Periodipesca.  Así mesmo o foi no capítulo de organismos, a Federación Galega de Caza polo seu apoio incondicional a Periodipesca nos 20 anos de historia desta Asociación. Mentres no apartado comercial, a firma hoteleira Oca Augas Santas, foi a empresa distinguida pola súa colaboración con esta XX Convención de Periodipesca. Un Hotel a cuio persoal, co seu Director, Lalo Crespo,  ao fronte, hai que felicitar pola súa profesionalidade. Tamén se distinguiu á “Madriña de Honor” de Periodipesca 2012, Cristina Vázquez Sexto, un encanto de muller que cativou ao persoal.

Agradecementos

Na sección de agradecementos, a nosa gratitude é para a Xunta de Galicia e moi especialmente á Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Para os concellos de Pantón e Sober. Para as federacións autonómicas e nacionais de caza e pesca. Para o Hotel “Oca Augas Santas”. E tamén para a firma comercial Camilo Vilas e os consellos reguladores das denominacións de orixe Ribeiro e Ribeira Sacra. Así como para a pousada “Torre de Vilariño”, Fodo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Coca-Cola, Vitivinícola del Ribeiro, Casa Rural “La del Alba Sería” e “Lugoterra”. Grazas a todos pola colaboración e apoio.

Texto e fotos: Asociación Periodipesca

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO ARCO
02/04/2024
I Curso Formativo de Cazador Arqueiro Cualificado

CURSO FORMACIÓN
24/10/2023
Curso sobre a cría da perdíz

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza