O andaluz Ignacio Ruiz Molina e o novo Campión de España
A estación de esquí Port-Ainé de Lérida foi o esceario deste XVI Campionato de España de Compak Sporting – Gran Prix Fitasc celebrado entre os días 29 e 31 de xullo baixo a organización da Real Federación Española de Caza.
Un campionato no que os 182 participantes se enfrentaron a 200 complexos pratos que repartidos en diferentes canchas e con traxectorías de diferente índole, se lles engadiu os mais de 2.000 metros de altitude nos que se desenrolou a proba.
Foi o xoven tirador Ignacio Ruiz Molina o que con 188 pratos derribados o que acedeu o caixón máis alto proclamándose deste xeito Campión de España de Compak Sporting na categoría xeral absoluta. O subcampionato recaeu no valenciano Cristóbal Jiménez Martínez con 187 arxilas escachadas. Xa na terceira posición situouse Ander Arrieta Aramendi.
En damas foi, unha vez mais, e xa van 15, Beatriz Laparra Cuenca a campiona con 161 pratos esnaquizados. En xuveniles o gañador foi Igor Larrea Otamendi con 170 pratos. En veteranos o primeiro posto recaeu no vasco Juan Gardeazabal Rotaeche con 170 pratos.
Da expedición de tiradores galegos que se desprazaron a terras leridanas para deixar a nosa comunidade a onde se merece, temos que destacar a flamante actuación do incombustible Ángel Mosquera Rodríguez o que con 151 pratos escachados proclamouse Campión de España na modalidade de Superveteranos. Destacar tamén a Artemio Formoso Barro que troixo no peto o primeiro posto do Trofeo Especial Handisport. E é preciso facer unha mención especial a José Luis Sánchez Mancebo por acadar o posto 19 na categoría xeral absoluta, sendo deste xeito o galego mellor clasificado. Mencioar tamén o cuarto posto acadado polo noso equipo na categoría de Comunidades Autónomas.