O pasado 21 de novembro celebrábase no Tecor “Mañón”, da Sociedade de Caza “Venatoria Mañón”, o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Caza “Venatoria Mañón”.
A proba, que contaba cun total de 33 participantes, remataba con Víctor Moreira Graíño gañador ao capturar unha arcea co seu can "Astro", e proclamándose polo tanto Campión Provincial. Segundo clasificado era Emilio Romero Castro, quen capturaba tamén unha arcea. Tamén unha arcea capturaba o terceiro clasificado, José Ramón Muíño Álvarez.
CLASIFICACIÓN | |||
Pos | Cazador | CAPTURAS | Puntos |
1º | Victor Moreira Graíño | 1 arcea | 500 |
2º | Emilio Romero Castro | 1 arcea | 500 |
3º | José Ramón Muíño Álvarez | 1 arcea | 500 |
4º | Miguel A. Caruncho Campanario | 1 arcea | 500 |
5º | Marcos Estévez Rivas | 1 arcea | 500 |
Os seguintes cazadores clasifícanse para o Campionato Galego da modalidade, que se disputará o vindeiro 5 de decembro: Víctor Moreira Graíño, Emilio Romero Castro, José Ramón Muíño Álvarez, Miguel A. Caruncho Campanario, Marcos Estévez Rivas e Juan M. Carou Rey.