O pasado 21 de novembro celebrábase no Tecor “Luintra”, da Sociedade de Cazadores de Nogueira de Ramuín, o Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas, organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Nogueira de Ramuín.
A proba, que contaba cun total de 10 participantes, remataba con César López Rodríguez gañador ao capturar unha arcea, e proclamándose polo tanto Campión Provincial. Segundo clasificado era José Carlos Otero Pérez, quen capturaba tamén unha arcea. Estes dous cazadores eran os únicos que conseguían capturar algunha peza, polo que o terceiro posto decidiuse por sorteo, sendo Camilo Pacios Viso o que remataba nesta posición.
CLASIFICACIÓN |
|||
Pos | Cazador | CAPTURAS | Puntos |
1º | César López Rodríguez | 1 arcea | 500 |
2º | José Carlos Otero Pérez | 1 arcea | 500 |
3º | Camilo Pacios Viso | 0 (sorteo) | 0 |
4º | Carlos González Casas | 0 (sorteo) | 0 |
5º | Jesús Feijoo Fariñas | 0 (sorteo) | 0 |
Os seguintes cazadores clasifícanse para o Campionato Galego da modalidade, que se disputará o vindeiro 5 de decembro: César López Rodríguez, José Carlos Otero Pérez, Camilo Pacios Viso e Carlos González Casas.