O pasado 21 de novembro celebrábase no Tecor da Sociedade de Cazadores “A Laxe”, no Concello de Pazos de Borbén, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Cazadores “A Laxe”.
A proba, que contaba cun total de 25 participantes, remataba con Emilio Ferreira Martínez gañador ao capturar unha arcea, e proclamándose polo tanto Campión Provincial. Segundo clasificado era Andrés Pereira Pereira, quen capturaba tamén unha arcea, ao igual que Adelino Oliveira Lorenzo, que remataba no terceiro posto.
CLASIFICACIÓN | |||
Pos | Cazador | CAPTURAS | Puntos |
1º | Emilio Ferreira Martínez | 1 arcea | 500 |
2º | Andrés Pereira Pereira | 1 arcea | 500 |
3º | Adelino Oliveira Lorenzo | 1 arcea | 500 |
4º | Valentín Álvarez Expósito | 1 arcea | 500 |
5º | José Carlos Morgade Diz | 1 arcea | 500 |
Os seguintes cazadores clasifícanse para o Campionato Galego da modalidade, que se disputará o vindeiro 5 de decembro: Emilio Ferreira Martínez, Andrés Pereira Pereira, Adelino Oliveira Lorenzo, Valentín Álvarez Expósito, José Carlos Morgade Diz e Diego Rodríguez Otero.