O pasado sábado 14 de novembro celebrábase no Tecor “Cova da Serpe” da Sociedade de Cazadores de Friol, en Lugo, a vixésimo terceira edición do Campionato Galego de Caza Menor con Can, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Friol.
Participaban neste campionato galego os cazadores clasificados dos seus respectivos campionatos provinciais: 6 por Coruña, 5 por Lugo, 4 por Ourense e 6 por Pontevedra, ademáis do último Campión Galego da modalidade, sumando un total de 22 participantes, que comezaban puntualmente a sua participación ás 9.00h.
Rematada a proba, era o cazador lucense Bernardo Trasera Rois quen, cos 500 puntos que lle reportaba a arcea capturada, se proclamaba Campión Galego. O tamén lucence Cristian Fernández Abuín capturaba tamén unha arcea e remataba segundo clasificado da proba. O terceiro posto foi para o representante da provincia da Coruña José Constantino Domínguez Agulleiro, que tamén capturaba unha arcea.
CLASIFICACIÓN | |||
Pos | Cazador | CAPTURAS | Puntos |
1º | Bernardo Trasera Rois (LU) | 1 arcea | 500 |
2º | Cristian Fernández Abuín (LU) | 1 arcea | 500 |
3º | José C. Domínguez Agulleiro (CO) | 1 arcea | 500 |
4º | Rubén Martínez Bugallo (OU) | 2 agachadizas | 400 |
5º | Cristóbal Cacheda Chouza (PO) | 1 coello | 350 |