Entre os dias 23 e 25 de outubro celebrábase nos terreos da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia, en Ourense, o VIII Campionato Galego de Cetrería, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Galega de Cetrería.
Nesta edición, ademáis das habituais categorías de baixo voo e sky trial, incluíanse por primeira vez as categorías de pequenos paxaros e altanería con can de parada.
Na categoría de baixo voo era Antonio Álvarez Romero quen se proclamaba Campión Galego desta modalidade co seu azor finlandés “Atila”, acadando 108 puntos. Segundo era José Antonio González Meira, tamén cun azor finlandés de nome “Sigri”, que acadaba 100 puntos. Rocío Valverde Lago, cun torzuelo de azor de nome “Roquero” era a terceira clasificada con 96 puntos.
Na categoría de sky trial, o Campión Galego era Claudio Abalo Carrera, con “Valiente”, un híbrido de peregrino-jerifalte que acadaba 94 puntos na proba. Lucas Boubeta Verdeal remataba 2º e 3º clasificado ao participar con “Balín” e “Garpi” (ambos híbridos de peregrino-jerifalte) que acadaban 88 e 80 puntos respectivamente.
CLASIFICACIÓN: BAIXO VOO |
|||
Pos |
Cetreiro |
Ave |
Puntos |
1º |
Antonio Álvarez Romero |
Atila (azor finlandés) |
108 |
2º |
José A. González Meira |
Sigri (azor finlandés) |
100 |
3º |
Rocío Valverde Lago |
Roquero (torzuelo de azor) |
96 |
CLASIFICACIÓN: SKY TRIAL |
|||
Pos |
Cetreiro |
Ave |
Puntos |
1º |
Claudio Abalo Carrera |
Valiente (peregrino-jerifalte) |
94 |
2º |
Lucas Boubeta Verdeal |
Balín (peregrino-jerifalte) |
88 |
3º |
Lucas Boubeta Verdeal |
Garpi (peregrino-jerifalte) |
80 |
Os cetreiros clasificados para o Campionato de España da modalidade son, na categoría de baixo voo, Antonio Álvarez Romero e José Antonio González Meira; na categoría de sky trial os clasificados son Claudio Abalo Carrera e Lucas Boubeta Verdeal.