O pasado dia 24 de outubro celebrábase no Tecor Terra Cha, no Concello de Pastoriza, o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can, organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Cazadores da Terra Cha.
A proba, que comezaba as 9.00h da mañá, contaba cun total de 19 participantes que representaban a outras tantas Sociedades de Caza. Rematada a proba as 14.00h, foi o cazador Bernardo Traseira Rois quen, ao capturar tres perdices, se alzaba co Campionato Provincial, cun total de 1530 puntos. O segundo clasificado foi Andrés Pena Vázquez, que capturaba duas perdices e polo tanto acadaba 1020 puntos. Alonso López Fernández era o terceiro clasificado da competición, ao rematar a proba capturando tamén 2 perdices e polo tanto con 1020 puntos.
CLASIFICACIÓN |
|||
Pos |
Cazador |
CAPTURAS |
Puntos |
1º |
Bernardo Traseira Rois |
3 perdices |
1530 |
2º |
Andrés Pena Vázquez |
2 perdices |
1020 |
3º |
Alonso López Fernández |
2 perdices |
1020 |
4º |
Cristian Fernández Abuín |
1 perdiz, 2 agachas |
910 |
5º |
Antonio González Álvarez |
3 agachas |
600 |
Os seguintes cazadores clasifícanse para o Campionato Galego da modalidade: Bernardo Traseira Rois, Andrés Pena Vázquez, Alonso López Fernández, Cristian Fernández Abuín e Francisco Javier López Salvador.