O pasado dia 24 de outubro celebrábase no Tecor da Sociedade de Cazadores de Coristanco o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Coristanco.
A proba, que comezaba as 9.00h da mañá, contaba cun total de 26 participantes que representaban a outras tantas Sociedades de Caza. Foi o cazador Rafael Silva Vázquez quen, ao capturar duas perdices e un faisán, se alzaba co Campionato Provincial, cun total de 1220 puntos. O segundo clasificado foi Ramón Noya Viña, que capturaba duas perdices e polo tanto acadaba 1020 puntos. Daniel Castro Domínguez era o terceiro clasificado da competición, ao rematar a proba con 710 puntos (unha perdiz e un faisán).
CLASIFICACIÓN |
|||
Pos |
Cazador |
CAPTURAS |
Puntos |
1º |
Rafael Silva Vázquez |
2 perdices / 1 faisán |
1220 |
2º |
Ramón Noya Viña |
2 perdices |
1020 |
3º |
Daniel Castro Domínguez |
1 perdiz / 1 faisán |
710 |
4º |
José C. Domínguez Agulleiro |
1 perdiz / 1 faisán |
710 |
5º |
José Manuel Torres Cebey |
1 perdiz |
510 |
Os seguintes cazadores clasifícanse para o Campionato Galego da modalidade: Rafael Silva Vázquez, Ramón Noya Viña, Daniel Castro Domínguez, José Constantino Domínguez Agulleiro, José Manuel Torres Cebey, Pedro Rodríguez Sanjurjo e Antonio Olveira Pego.