A proba disputouse o pasado día 3 de outubro no Tecor de A Cañiza situado na provincia de Pontevedra e baixo a organización da Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza, contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de A Cañiza.
Esta primeira edición contou cunha participación de 32 lotes de cans cos seus respectivos conductores e que intentaron desencamar e perseguir os numerosos coellos existentes neste Tecor pontevedrés. Destacar a calidade do esceario onde se disputou a proba xa que a boa densidade de coellos existente en tódolos campos fixo posible que a totalidade dos lotes tiveran a posibilidade de demostrar as súas habilidades no rastrexo.
O lote composto polos beagles Turín, Berta, Vela e Sarna propiedade de Luís Rodríguez e Ramón Bertoa, conducidos por este último, acadou un total de 524 puntos que á postre lle serviron para proclamarse gañador desta primeira edición da Copa de España de Rastro de Coello. O lote de leonados de bretaña conducidos por José Ramón Calvo Suárez acadou o subcampionato cun total de 500 puntos. Completou o pódium o lote de Ramón Busto Castiñeira con 489 puntos.
O mellor can da proba foi o beagle mestizo de nome Turín propiedade dos gañadores Ramón Bertoa e Luís Rodriguez cun total 144 puntos.