Baixo o lema “Bases para unha caza social na Galicia do século XXI”, desenvolvíase o pasado sábado (21 de abril) a primeira edición dos “Encontros pola Caza”, iniciativa promovida pola Federación Galega de Caza que pretende marca-las pautas das futuras actuacións federativas en materia cinexética.
O Salón Rio Sar, do Hotel Congreso, en Santiago de Compostela, quedábase pequeno para acoller aos máis de 400 representantes de sociedades de caza de toda a Comunidade.