Baixo o lema "Bases para unha caza social na Galiza do século XXI", este sábado (21 de abril), a partir das 10 horas, terá lugar en Santiago de Compostela (Hotel Congreso), o primeiro foro-debate co que a Federación Galega de Caza inaugura os ENCONTROS POLA CAZA. O acto inaugural correra a cargo do Presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez, e do Director Xeral de Conservación da Natureza, José Benito Reza.
|