III Proba Aberta de Cetrería “Provincia de Pontevedra”
En Maceira, no concello de Lalín, o pasado 1 de decembro tiña lugar a III Proba Aberta de Cetrería baixo a organización da FGC de Pontevedra e a Asociación Galega de Cetrería.
A Sociedade de Caza de Lalín colaborou e puxo os terreos a disposición dos cetreiros que se achegaron a Maceira para desfrutar dos voos das fermosas rapaces que participaron nas categorías de altanería, baixo voo e pequenas aves.
En Altanería, os falcóns gañadores foron os de Toño Reza e Juan Barcala en primeira e segunda posición respectivamente.
En Baixo Voo, na categoría de Azores o gañador era Brais Otero e o segundo clasificado Evaristo González. En Harris o primeiro posto era para Héctor F. Gondar seguido de Francisco González.
A cetreira Laura V. Trillo foi a gañadora en Pequenas Aves seguida de Evaristo González en segunda posición.