O pasado sábado 21 de xaneiro disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores Farelo -Agolada-, unha edición máis do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa inestimable colaboración de dita Sociedade de Caza.
Un total de 28 escopetas se citaron nesta fase provincial de caza de arceas na que daba comezo baixo unhas xélidas temperaturas pero que non minguou a actividade de cans e cazadores que avistaron un total de 20 arceas e abateron 6.
O campionato foi para o cazador Ángel Cobas Aboy que coa súa cadela “Sol de Peñalba” e 1.500 puntos acadados fixo a súa entrada en control con 3 arceas. O segundo posto era para Jesús Feijoo Fariña con 500 puntos namentres que completaba o podio en terceira posición Diego Rodríguez Otero tamén con 500 puntos.
A estes tres primeiros clasificados acompañaranos os cazadores Gustavo Alonso Rodríguez e Eduardo Blanco Mejuto, conformando a representación de Pontevedra para o Campionato Galego de Caza de Arceas.