Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN BALTAR (OURENSE)
O ourensán Jaime Pintos, con dúas pezas, conquista o Campionato Galego de Arceas
19/12/2016

Víronse 19 arceas e capturáronse 6

O frío das primeiras horas da mañá, logo luciu un sol que se agradeceu, a nobreza competitiva e un ambiente de gala, marcaron o XXI Campionato Galego de Caza de Arcea celebrado o pasado sábado 17 de decembro no Tecor  ourensá de Baltar, no que participaron 21 especialistas previamente clasificados nos respectivos provinciais, mailo campión da pasada edición, o cedeirán Fabián Barge, quen non puido revalidar o título autonómico que nesta ocasión foi conquistado polo cazador de Vilar de Barrio (Ourense), Jaime Pintos Dávila, o que contou co fenomenal traballo do seu setter inglés, “Hidra de Pasarín”, entrando no posto de control ás 12:42 h. con dúas pezas que lle valeron 1.000 puntos, máxima cualificación no taboleiro de marcas.

A concentración tiña lugar ás 7:30 da capitalidade municipal baltareña e a competición disputouse entre as 9 da mañá e as 2 da tarde, baixo a organización da Federación Galega de Caza e a sociedade cinexética locataria que non só cedeu o escenario competitivo, senón que colaborou activamente no evento. O punto de control quedou fixado no lugar de Quintá, na parroquia de Sampaio, achegándose ata alí moitos lugareños e curiosos para seguir o desenvolvemento dun Campionato que  estivo dirixido polo Delegado da Competición, Manuel Feijóo Castro e transcorreu baixo un manto de amizade e deportividade excelente e nuns terreos que foron cualificados polos protagonistas de “fenomenais” para exercer esta disciplina.

CLASIFICACIÓN

1º e campión, Jaime Pintos Dávila (Vilar de Barrio / Ourense), con 2 arceas e 1.000 puntos. Cazou co can,  “Hydra de Pasarín” (SI/F).

2º e subcampión, Jesús Muñoz Martínez (Viana do Bolo / Ourense), 1 peza e 500 puntos. Auxiliouse de “Indio de Castrocán” (SI/M).

3º Artemio Formoso Barro (Os Blancos / Ourense), 1 arcea e 500 puntos. Cazou con “Tuka” (SI/F)

 

CLAUSURA

Concluída a proba levouse a cabo o tradicional xantar de confraternidade e de clausura no que estiveron presentes diversas autoridades locais, co seu Alcalde, José Antonio Fejóo, ao fronte. A Directora Xeral do Patrimonio Natural, Ana Mª Díaz Díaz, e a Xefa Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en Ourense, María Victoria Núñez, entre outros políticos. Mentres por parte da Federación facíao o máximo mandatario, Javier Nogueira Diz, así como Abel Andrés Otero, tesoureiro; Ramón Rodríguez Cobas, Secretario Xeral e  Antonio García Reinoso, Presidente da F.G.C. en Ourense, ao igual que outros federativos como Luís Fidalgo, que como veterinario foi o encargado de analizalas arceas cazadas, e Xosé Castro Rivela.

O remate algunhas das autoridades presentes fixeron uso da palabra deixando entrever boas novas para o colectivo, poñendo de manifesto Nogueira Diz, a necesidade de adoptar medidas para recuperar a tan minguada cazar menor e para que se autoricen os chamados “colares de adestramento” e se resolvan varios asuntos mais. Amosándose moi receptiva e preocupada a Directora Xeral con estes e outros problemas dos cazadores nos que o seu departamento, segundo manifestou,  vai poñer todo o interese para ver, na maneira do posible, de arranxalos. Pola súa banda, o Alcalde, cazador tamén, estaba satisfeito co acontecido, aínda que non así cos resultados que “puideron ser mellores xa que arcea ai moita”.

Por último salientar que o novo Campión estaba máis que satisfeito polo logro acadado “xa levaba varios anos quedando cuarto e este ano xa saín da casa convencido de que, como pouco, tiña que subir o podio”, comentou. Un Jaime Pintos que viu tres arceas e disparoulle ás dúas que capturou cando o reloxo marcaba as 10,25 e as 11,33. 

Reportaxe

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza