O pasado domingo 29 de maio tiña lugar unha destacada cita para os arqueiros lucenses, nada menos que a fase provincial do Campionato de Percorridos de Caza con Arco.
Baixo a organización da Federación Galega de Caza en Lugo e coa colaboración do Poutomillos o campo de tiro de “Poutomillos”, acollía a tódolos participantes que dende primeira hora da mañá se enfrontaban a entretidas propostas.
Foi o arqueiro Pedro Ángel Martínez o que se fixo co primeiro posto da clasificación de Arco Asistido ao rematar o percorrido cun total de 166 puntos. Moi preto de Martínez situábase a tan so 7 puntos Ángel Villaverde Balado en segunda posición. Xa no terceiro posto do podio remataba Rafael Nieto Pérez con 141 puntos.
Na modalidade de Arco Tradicional o campionato recaía en Oscar Novás Seijas cun total de 160 puntos. Con 127 puntos e en segunda posición finalizaba Juan Bandeira Autrán. Lee Ramsdale tíñase que conformar co terceiro posto e 125 puntos.
En Junior asistido Jorge Figueroa Vilaboa era o campión con 86 puntos e en asistido damas a gañadora era Iratxe Guillén Bouzas con 123 puntos, namentres que en tradicional damas impoñíase Marina Oliveira Amedo con 40 puntos.
Na categoría de Long Bow o gañador era Francisco Javier Lesende Fieiriz con 91 puntos. A tan so un punto e en segunda posición remtaba Jacobo Santoro Lorenzo. Frnak Ramsdale era o terceiro clasificado con 80 puntos.