Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS PONTEVEDRA
José Antonio Vasconcellos gaña o Campionato Provincial
25/1/2016

Participaron 28 escopetas e fixéronse cinco capturas

O representante da Sociedade “A Rosaleña” de O Rosal, José Antonio Vasconcellos Vicente “Toy”, cunha “chocha” e 500 puntos, subiu o máis alto do podio en A Lama onde o pasado día 23 de xaneiro  disputouse o “XXIII Campionato de Caza de Arcea”, un dos exercicios venatorios máis naturais e máis imprevisible de tódolos que se exercen en Galicia.

Encontro que  transcorreu entre ás nove da mañá e ás dúas da tarde e o que asistiron 28 especialistas que levantaron 11 arceas e lograron unha percha xeral de cinco pezas, aínda que a lograda por Julio Pereira non puntuou o quedar descualificado por entrar no control a destempo. Contenda que tivo de punto de referencia O Pelete, un lugar moi coñecido polo milenario Carballo que posúe e pola celebración da “Festa do Viño”, onde  se levou a cabo a concentración, se deu a saída, se entregou a caza e se procedeu a clausura dun Campionato que estivo dirixido polo federativo, José M. Martínez Fernández.

CLASIFICACIÓN

  • 1º e campión, José A. Vasconcellos Vicente “Toy” (Rosaleña). Cazou con “Mimo”
  • 2º e subcampión , José Dios de la Iglesia (Cotobade). Acompañouse de “Kevin”
  • , José M. Domínguez Fernández (Rosaleña). Auxiliouse con “Mirko”
  • , Rafael Barbosa Vieira (San Verísimo). Asociouse con“Jako”
  • , Daniel Facorro Valiñas (Rosaleña). Axudouse de “Greta”

Todos cazaron con  setters e colgaron unha peza cada un, agás do 5º clasificado que se meteu entre os mellores por sorteo. Os cinco defenderán o pavillón pontevedrés na seguinte fase.

Trofeos e distincións foron entregadas o remate dun xantar de irmandade no que asistiron: Xavier Nogueira, Presidente da Federación Autonómica de Caza; Pablo Caballero, Xefe da Sección de Caza e Pesca da Xunta en Pontevedra; José Marante, Comandante do Posto da Garda Civil de Ponte Caldelas; José Manuel Carballal, Presidente da Sociedade “Monte Seixido” e, comandando todo o cotarro, o Presidente federativo provincial, Paco Couselo, quen contou coa valiosa colaboración do seu Vicepresidente provincial, Alejandro Lorenzo Carregal.

A todo elo engadir, qué o paradisíaco escenario escollido e todo un luxo. Qué a organización merece un “10”. Qué o ambiente estivo fantástico. Que a deportividade foi extraordinaria. E que o caseiro e excepcional cocido servido no Restaurante “Pelete” baixo a dirección de José Fortes e a destreza e saber na cociña de Mª Remedios, Inés, Cristina e Mª Ermitas, estaba impresionante;  só podemos falar dunha xornada que merece a pena enmarcala no libro dos mellores lembranzas. En resumo: ¡Fenomenal todo!

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza