XXVI Copa Clube Amigos dos Cans de Caza
O pasado 29 de agosto, no concello coruñés de A Baña desputouse unha edición máis da Copa Clube Amigos dos Cans de Caza na modalidade de Cans de Rastro sobre Coello.
Unha alta participación, un total de 19 lotes, foi a nota dominante nesta proba na que a boa climatoloxía para a realización deste tipo de probas cinexéticas xunto coa boa presencia de rastros de coello fixo que se gozaran de extraordinarias presentacións.
Foi o lote de beagles de nomes “Iran”, “Lala”, “Rol” e “Cora” propiedade de Juan Formoso Raposo o que acadaba o primeiro posto cun total de 539 puntos. Con 513 puntos e en segunda posición remataba o lote de leonados “Ayalo”, “Alika”, “Brasa” e “Turi” de José Manuel Abelleira Regueira. Xa en terceira posición remataba Manuel Pombo Bouzo co lote de beagles “Roma”, “Roy”, “Ares” e “Samba” cun total de 510 puntos.
A cadela beagle de nome “Lala” propiedade do campión Juan Formoso foi declarada con 147 puntos como o mellor can da proba.