Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS PARADA PONTEVEDRA
"Fabri" de Roberto Dopico en británicos e "Aris" de José Vicente Cortés en Continentais foron os mellores en Gondomar
29/6/2015

Cunha climatoloxía acorde coa estación na que nos atopamos, unha participación de 20 cazadores e 36 cans, e baixo a organización da Federación de Galega de Caza en Pontevedra que contou coa colaboración da Sociedade de Caza “A Gondomarense” de Gondomar, o derradeiro domingo do pasado mes de xuño disputouse  a Copa Federación de Cans de Parada en terreos deste municipio Pontevedrés. Concretamente transcorreu na paraxe coñecida por “Portavedra”.

O exercicio comezou pasadas as 10 de mañá e rematou logo das tres da tarde, cando xa os estómagos tiñan un ruxe-ruxe preocupante. Unha competición moi vistosa que se viu arroupada polo mandatario municipal, Juan Francisco Ferreira, cazador el,  que se achegou ata o lugar da proba acompañado da súa dona e fillo e maila Concelleira de Cultura e Deportes, Nuria Lameiro,  co obxecto de saudar aos representantes federativos, organizadores e participantes en xeral, fotografándose incluso ao final con todos eles. Xesto que agradeceu o Presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Paco Couselo, “Non podía vir o xantar e achegouse ata aquí para ver a competición e estar connosco un chisco. Foi todo un detalle”, comentou.

CLASIFICACIÓN

Continentais:
1º, “Aris” (BAM), de José Vicvente Cortés Doce, con un Excelente.
2º, “Denon”, do mismo propietario, con un MB.

Británicos:
1º, “Fabri” (SIM), de Roberto Dopico, con un Excelente
2º, “Tolo” (PM), de Adolfo Limes, con un Exc.2º.
3º, “Halcón” (SIM), de José M. Carnota, con  un MB.
4º, “Sol” (SIM), de Pedro Rodríguez, tamén con un MB.
5º, “Jirel” (SIM), de Eloy Rodríguez, igualmente con un MB.

Unha vez finalizou o exercicio, participantes e acompañantes trasladáronse a un restaurante da zona onde se levou a cabo o acostumado xantar de confraternidade, a entrega de trofeos e a clausura do torneo, reinando a deportividade e bo facer, tanto dos organizadores como dos concursante, en todo momento.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO FIELD TARGET
15/07/2024
Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en As Pontes

PROBA COPA GALICIA RASTRO XABARIL
10/07/2024
Julio Ferradás con “Copi” gañadores en A Lama

SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO
10/07/2024
Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
01/07/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza