Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AGILITY
Disputadas as 5ª e 6ª proba da Liga Autonómica de Agility en Cartelle
8/6/2015

A fin de semana do 23 e 24 de maio tivo lugar en Cartelle (Ourense) a 5ª e 6ª proba da Liga Autonómica de Agility da Federación Galega de Caza. A proba organizouna o club de Agility Ourense e nela participaron 27 cans o sábado e 30 o domingo,  cos seguintes resultados:

Sábado: En grao 1, categoría estándar quedou en primeiro lugar Silvia López con Apu, de Agility Compostela, en segundo lugar Yago Ricoy con Avar, de Lobos de Narahío, e en terceiro Diego Gómez con Tea, de Agility Compostela.  En categoría midi-mini o gañador foi Jorge Vazquez con Nua, de Agility Compostela, a segunda foi Carla Buela con Chicho, de Teocan, e a terceirao Veracruz Abelenda con Blas, de Teocan.  

En grao 2, categoría estándar o gañador foi Julio Freire con Chika de Agility Patas, a segunda foi Silvia López con Cata, de Agility Compostela e o terceiro Serafín López con Lua, do club Teocan. En categoría midi-mini gañou Antonio Pereiro con Coco, do club Teocan, en segundo lugar quedou Julio Freire con Peka, de Agility Patas e en terceiro lugar Violeta Pereira, con Romi de Agility Patas.

Domingo: En grao 1, categoría estándar quedou en primeiro lugar Noa Taboas con Sonic, do Club Wican e en segundo lugar  Juan Carlos Vázquez con Ringo de Agility Coruña. En terceiro lugar quedou Ina Wunschmann con Foxy do club Lobos de Naraío. En categoría midi-mini a gañadora foi Veracruz Abelenda con Blas, de Teocan, a segunda foi Silvia Nuñez con Nano e o terceiro Brais Blanco con Pelusa, ambos de Agility Compostela.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA COMPAK
24/06/2024
Torres Parada gañador do provincial coruñés de Compak

NACIONAL DE XABARIL SALVAXE
23/06/2024
Galicia domina no Nacional de Xabaril Salvaxe

PROVINCIAL OURENSE COMPAK SPORTING
17/06/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

CAMPIONATO GALEGO RASTRO XABARIL
15/06/2024
O lucense Martín Martínez con “Roma” proclamouse novo Campión Galego de Rastro sobre Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza