Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas 2015
O pasado sábado 17 de xaneiro disputouse no Tecor Castromaior – A Gracia, a edición 2015 do Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.
Ata un total de 29 cazadores se deron cita nesta fase provincial de caza de arceas clasificatorio para o Autonómico da especialidade. Nesta ocasión, as arceas si quixeron facer acto de presenza neste campionato e cazadores e cans gozaron dunha boa xornada de caza.
Foi o cazador Víctor Moreira Graíño o primeiro clasificado cun total de 500 puntos acadando deste xeito o título provincial. Os participantes Víctor Manuel Lado Otero e Francisco Santiago Rodríguez situáronse na segunda e terceira posición respectivamente con tamén 500 puntos.
A estes tres primeiros clasificados acompañaranos os cazadores Miguel López Garcia, José Constantino Domínguez Agulleiro e Fabián Barge Vilela, conformando a representación de A Coruña para o proximo Campionato Galego de Caza de Arceas.