Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AGILITY
Celebradas a 5ª e 6ª Proba da Liga Autonómica en San Sadurniño
1/12/2014

Os días 22 e 23 de novembro tiveron lugar a quinta e sexta probas da Liga Autonómica de Agility da Federación Galega de Caza. A proba foi organizada polo Club Lobos de Narahío.

O sábado participaron na proba 28 cans e o domingo 29 pertencentes aos clubs Agility Coruña, Agility Compostela, Teocan, Euskogal, Agility Patas e Lobos de Naraío.
Os gañadores de cada día foron os seguintes:

O sábado, en grao 1, categoría estándar o primeiro posto foi para Ringo de Juan Carlos Vázquez, o segundo para Baxter de Lucía Cayado e o terceiro para Jack de Mara Ríos, todos eles de Agility Coruña. En categoría midi-mini, o primeiro posto foi para Polaris de Agility Patas, e o segundo para Dober de Carla Buela (Teocan). O terceiro posto quedou deserto por eliminación de todos os outros participantes.

En grao 2, categoría estándar, o primeiro posto foi para Moira de Alba Alonso (Agility Compostela), o segundo para Zoe de Fernando Cardeña (Agility Coruña) e o terceiro para Xeito de María Teijeiro (Agility Compostela). En midi-mini, gañou Dalí de Sergio Sánchez (Agility Patas) e en segundo lugar quedou Boss de Mireia Vitoria (Euskogal). O terceiro posto quedou deserto por eliminarse todos os outros participantes.

En grao 3, categoría estándar, en primeiro lugar quedou Lumy de Alejandro Salas (Agility Coruña), en segundo lugar Cata, de Silvia López (Agility Compostela), e en terceiro lugar Yack, de María Oreiro (Agility Coruña). En midi-mini, o primeiro foi para Peka, de Julio Freire e o segundo para Romi de Violeta Pereira, ambos de Agility Patas.

O domingo, en grao 1, categoría estándar o primeiro posto foi para Gala, de Roberto Maio e o segundo para Ringo de Juan Carlos Vázquez, ambos de Agility Coruña. O terceiro posto foi para Apu, de Silvia López (Agility Compostela). En midi-mini, o primeiro posto foi para Rudy de Leticia Lamas, o segundo para Mika de Silvia Doce, e o terceiro para Lola, de Marco Álvarez todos eles de Agility Coruña.

En grao 2, o primeiro foi para Moira, de Alba Alonso, o segundo para Xeito de María Teijeiro, ambos de Agility Compostela. Por último, o terceiro foi para Zoe, de Fernando Cardeña (Agility Coruña). En midi-mini o primeiro foi Dali de Sergio Sánchez (Agility Patas). O segundo e terceiro quedaron desertos por eliminación de todos os participantes.

En grao 3, categoría estándar en primeiro lugar quedou Daxa, de Jorge Ramos (Agility Coruña), en segundo lugar Modia, de Jorge Vázquez (Agility Compostela) e o terceiro foi para Lumy, de Alejandro Salas (Agility Coruña). En midi-mini, o gañador foi Peka, de Julio Freire e en segundo lugar quedou Romi de Violeta Pereira, ambos de Agility Patas.

Ao rematar a proba oficial, tivo lugar una proba de grao 0 (pre-agility) na que participaron 27 cans.

Os xuíces das probas foron Jorge Ramos, que xulgou o grao 1 o sábado, Jorge Vázquez, que xulgou o grao 1 o domingo e por último, Fernando Estevez que xulgou grao 2 e grao 3 os dous días.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza