Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas
O pasado sábado 15 de novembro disputouse no Tecor Xabarín de Pontedeume, unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.
Ata un total de 29 cazadores se deron cita nesta fase provincial de caza de arceas clasificatorio para o Autonómico da especialidade. Nesta ocasión, as arceas non quixeron facer acto de presenza neste campionato e os cazadores, ainda que avistaron algunha, non entregaron pezas no control.
Houbo por tanto que recorrer a sorte para decidir a clasificación final deste campionato provincial, sendo o cazador Manuel Cancela Rama o primeiro clasificado, seguido de Miguel López García e Joaquín Luis García Souto en segunda e terceira posición respectivamente.
A estes tres primeiros clasificados acompañaranos os cazadores Jorge Amado Sambade, A. Manuel Caamaño Domínguez e Juan José Canosa Vigo, conformando a representación de A Coruña para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas.