Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas
O pasado sábado 15 de novembro disputouse no Tecor Terra Cha, o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo e coa colaboración da Sociedade Deportiva de Cazadores da Terra Cha.
Ata un total de 23 cazadores se citaron nesta fase provincial na que a intensa choiva marcou o transcurso do campionato. Un campionato no que se produzo un quíntuplo empate a 500 puntos entre os 5 primeiros clasificados.
Foi o cazador Juan Carlos Bande López o que se fixo co primeiro posto con 500 puntos ao facer a súa entrada en control cunha arcea abatida, converténdose no Campión Provincial deste 2014. Co mesmo número de puntos, o segundo posto era para Francisco Diéguez Sobrado e o terceiro posto ocupábao Francisco Javier López Salvador con tamén 500 puntos.
A estes tres primeiros clasificados acompañaranos Manuel Rodríguez Quiroga e Diego Martínez Gutián, conformando a representación lucense para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas que se disputará o vindeiro 22 de novembro en A Coruña.