Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO PONTEVEDRA
Carlos Lalín é o novo campión provincial e Saturnino Pereira o primeiro clasificado en Springers
2/6/2014

Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto

Na xornada dominical de onte día 1 de xuño disputouse no Tecor da Sociedade de Caza A Tomiñesa o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

Na proba participaron un total de 10 cazadores con 11 cans que foron xulgados por Santiago Saavedra Cuíña e Antonio González Álvarez. O campionato transcorreu sen imprevisto e os participaron agasallaron ao público presente con fermosos lances cinexéticos.

Foi Rafael Sánchez Malvar, Director da proba, o que deu a coñecer a clasificación final resultando do seguinte xeito:

O cazador Carlos Lalín Ferreiroa co pointer macho “Chico” o que acadou o primeiro posto cun total de 59 puntos converténdose no novo Campión Provincial da especialidade. En segunda posición, a tan so punto de Lalín Ferreiroa, remataba Javier Álvarez de Santamarina co setter inglés macho “Xerife”. Xa con 49 puntos o terceiro clasificado era Julio Mariño Taboada coa femia de pointer “Deza”.

Na categoría de Spaniel Springer o campión era Saturnino Pereira Vidal con “Cephus” con 35 puntos.

Un xantar de irmandade puxo o punto final a este campionato provincial no que o presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, interviú na entrega de premios os primeiros clasificados.

Lembrar que a selección provincial de Pontevedra que acudirá ao Campionato Galego da especialidade quedou composta por Carlos Lalín Ferreiroa, Javier Álvarez de Santamarina, Julio Mariño Taboada, José Ramón Zamora Lorenzo, José Comesaña Pérez e Saturnino Pereira Vidal.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza