Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza con Arco
O pasado 4 de maio disputouse na localidade lucense de Monforte de Lemos o Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza con Arco. Foi o Campo de Tiro de As Lamas o que acolleu esta fase provincial clasificatorio para o autonmico da especialidade e que contou coa organizacin da Federacin Galega de Caza en Lugo e contando coa inestimable colaboracin da Sociedade Arcolemos.
Unha vez que se elaboraron as propostas dos diferentes percorridos, os 19 arqueiros participantes comezaron a competicin na cal foron xulgados por ngel Alonso Veloso, scar Arias Daz, Antonio Rodrguez Iglesias e Jaime Villaverde Balado.
Rematada a proba, o Director da mesma, Antonio Rodrguez Somoza, deu a coecer a clasificacin final nas diferentes categoras:
En Arco Asistido os tres primeiros postos foron copados polos arqueiros da Sociedade Cazarco, sendo o campin Pedro Martnez ngel con 164 puntos. Jaime Villaverde Balado acadou o subcampionato con 156 puntos. Con 148 e en terceira posicin remataba ngel Villaverde Balado. Ata o cuarto posto non atopabamos ao primeiro lucense que non foi outro que scar Airas Daz convertndose no novo Campin Provincial da especialidade con 145.
En Arco Tradicional o campin era Abel Lpez Lepiani de Cazarco con 68 puntos. En segunda posicin e Campin Provincial era Antonio Rodrguez Iglesias de Arcolemos con 40 puntos. Tamn de Arcolemos era o terceiro clasificado, Iago Arias Lemos con 27 puntos.
En Damas Asisitido o primeiro posto era para a arqueira Mara Rodrguez Rodrguez con 132 puntos seguida en segunda posicin de Andrea Sobral Barca con 38 puntos.
Na categora Junior, a Sociedade Arcolemos facase cos tres primeiros postos do da clasificicacin. Sergio Sobral Barcia era o Campin Provincial ao acadar 119 puntos e subir o mis alto do podio. Rubn Arias Lemos e Abel Lpez Arias remataban en segunda e terceira posicin con 91 e 65 puntos respectivamente.