Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas
O pasado 24 de novembro disputouse no Tecor coruñés de San Roque de Zas o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade de Caza de dito Tecor.
Destacar a ampla participación nesta fase provincial á que acudiron un total de 32 cazadores que tomaron a saída ás 9.00 horas e retornando todos eles ao control dentro do horario prevista agás os cazadores Rubén Boquete Varela, Francisco Javier Alonso Fiaño e Jesús Amado Varela.
Unha vez rematado o tempo de competición, o Director da Proba, Ramón Bertoa Suárez, deu a coñecer a clasificación final resultando do seguinte xeito: con dúas arceas e un total de 1.000 puntos remataba Manuel Cancela Rama adxudicándose deste xeito o primeiro posto desta fase provincial. En segunda posición situábase Óscar Suárez Ventoso cunha arcea e 500 puntos. Completaba o podio o cazador Jorge Amado Sambade tamén con 500 puntos ao abater unha arcea.
A estes tres primeiros clasificados súmanselles os cazadores Fabián Barge Vilela, Javier López Cendan e José Manuel Torres Cebey, conformando o equipo da provincia de A Coruña para o vindeiro Campionato Galego da especialidade.