Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO
René Vale, Nicolasa González e José Sanmartin son os novos Campións Galegos de Caza San Huberto
30/8/2012

XXV Campionato Galego de Caza San Huberto disputado en Fornelos de Montes – Pontevedra

O pasado 25 de agosto, disputouse no Tecor A Laxe sito no concello pontevedrés de Fornelos de Montes a vintecinco edición do Campionato Galego de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Caza A Laxe.

Á proba acudiron un total de 36 participantes clasificados a través dos seus respectivos Campionatos Provinciais, da Copa Galicia da especialidade e o Campión da edición anterior. Todos eles foron xulgados polos xuíces Marcial Ramil, Manuel Rebordelo, Estéban Cambón e Santiago Saavedra.
Disputados os barrages, o Director da Proba, José Lugrís, deu a coñecer a clasificación final resultando do seguinte xeito:

O cazador René Vale García co setter inglés “Edén del Arcoiris” convertíase no novo Campión Galego de Caza San Huberto o obter unha puntuación total de 85 puntos. En segunda clasificación situábase Roberto Dopico Dopico co pointer “Río de los Aluches” e 83 puntos. Completaba o podio en terceira posición Jaime Aneiros Ardao co pointer “Pol” e 78 puntos.

Na categoría de Damas a gañadora e, polo tanto Campiona Galega, foi Nicolasa González Carrodeguas con “Jef de Caaveiro” e unha puntuación de 76 puntos. O segundo posto recaeu en Ana Isabel Arbiol Ledesma con “Breco de Reinadama” con 39 puntos. Xa na terceira posición situábase Sandra Rodríguez Rego con “Twist” e 33 puntos.

Na categoría de Levantadores o primeiro posto era para José Sanmartín Pérez con “Coca del Castillo de Almansa” cun total de 63 puntos. Víctor Villar Fernández adxudicouse o subcampionato con “Júpiter Estrella de Tebra” e 60 puntos. O terceiro caixón ocupouno Eloy Rodríguez Martínez con “Uncle Sam de los Tres Robles” con 41 puntos.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza