Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAN DE OURO
José M. Fernández en Rastro de Xabaril, Carlos Casas en Rastro de Coello e José Ignacio en San Huberto, foron os campións nesta segunda edición
10/7/2012

II Campionato Can de Ouro Costa da Morte puntuable para a Copa Galicia

O pasado sábado 30 de xuño e domingo 1 de xullo, o Tecor Societario Mazaricos da provincia de A Coruña acollía a II edición do Campionato de Cans de Ouro organizado polo Clube "Amigos dos Cans de Caza".

Na xornada do sábado tiña lugar a proba de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril que congregaba nesta ocasión a un total de 19 cans conducidos polos seus respectivos monteiros. A proba discorreu nuns terreos moi propicios para a práctica desta modalidade deportiva e foi xulgada polo xuíz Alfonso Collazo Pasín, actuando como xuíz auxiliar Mario Dios Rodríguez. O campión da proba foi recaer ao monteiro José Manuel Fernández Fernández co seu can "Elvis" obtendo unha puntuación de 221 puntos. A segunda posición era para Iván Fernández Pereira co can "Sil" e 208,5 puntos. Repetía tamén Fernández Pereira na terceira posición pero nesta ocasión co can "Toure" e 202,5 puntos.

Na mesma xornada tamén se disputou a proba de Cans de Rastro sobre Coello á que asistían un total de 30 lotes de cans e se repartían en seis campos de 5 lotes cadanseu. Non foi excesiva a abundancia de coellos no terreo e se lle engadimos que os cans se atopan algo baixos de forma por estar en tempo de veda, temos como resultado que algún dos lotes non tivo a sorte de atopar algún coello. Os xuíces foron Ramón Barreiro, Jesús Seoane, José Montoiro, José Moure, Ramón Bertoa e Isabel Negreira.

Foi Carlos Casas Cambón co seu lote composto por "Eros", "Era", "San" e "Tula" o que acadaba a primeira posición cunha participación na que sumou un total de 520 puntos. A tan so 10 puntos do primeiro clasificado situouse en segunda posición o lote propiedade e de Óscar Esparís Agra composto por "Champan", "Baby", "Terry" e "Demo" con 510 puntos. Con 505 puntos e en terceira posición rematou o lote formado por "Pistón", "Thor", "Tina" e "Linda" propiedade de Jaime López Castro.

O premio o mellor can da proba foi para "Terry" con 133 puntos e propiedade do segundo clasificado Óscar Esparís Agra.

Xa na xornada do domingo disputouse a proba de Caza San Huberto. A proba, que tamén se disputou nos terreos do Tecor Societario Mazaricos, foi xulgada polos xuíces Manuel Rebordelo, José María Álvarez e Esteban Cambón.

Foi o director da proba, Ramón Bertoa Suárez, o que deu a coñecer a clasificación desta segunda edición na que se impuxo José Ignacio Pérez co seu pointer macho "Zar". Seguiuno en segunda posición o cazador Rubén Boquete Varela co seu setter inglés de nome "Acio". Completou o podio José María Carnota co setter inglés "Bratón".

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza