Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza con Arco
O pasado 27 de maio no concello ourensán de Luintra disputouse o Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense.
A proba acudiron un total de 20 arqueiros das diferentes categorías e que tentaron acadar a maior puntuación nos seus percorridos sendo xulgados polo xuíz José Antonio Rodríguez Somoza.
Na categoría de Arco Asistido o campión foi Antonio Rodríguez Iglesias ao completar un percorrido con 195 puntos. Óscar Arias Díaz situouse na segunda posición con 181 puntos namentres que o terceiro posto foi para Ángel Alonso Veloso con 172 puntos.
En Arco Tradicional o primeiro posto foi para Abel López Lepiani con 108 puntos. O segundo caixón foi para Óscar Novas Seijas con 94 puntos. O podio completouno en terceira posición o arqueiro Pablo Martínez Regueira con 78 puntos.
Na categoría de Damas subiu ao máis alto a arqueira María Rodríguez Rodríguez con 151 puntos. O segundo posto recaeu en Dolores Bugarín Codeseda con 129 puntos, e con 129 puntos Iratxe Guillen Bouzas situábase na terceira posición.
En Cadetes o xove arqueiro Rubén Arias Lemos acadaba o primeiro posto con 128 puntos. Rebeca Villaverde Bugarín facíase coa segunda posición cun percorrido de 82 puntos e Iván Fernández con 36 puntos acadaba a terceira posición.