Se ao recibir o listado dos animais de alta no REGIAC, o federado observa que nel figuran cans vivos que xa non son da súa propiedade, por exemplo cans cedidos a terceiros, recoméndase realizar a modificación de cambio de propietario.
Neste caso deberá cubrir a AUTORIZACIÓN á FGC e a Solicitude oficial de troco de propietario no REGIAC cumprimentando todos os datos do formulario excepto o pasaporte, os datos de animais potencialmente perigosos e os datos do veterinario actuante.
Os documentos anteriores deberán remitirse á FGC FIRMADOS EN ORIXINAL, xunto co CONTRATO ORIXINAL DE CESIÓN OU COMPRAVENDA DO CAN e a copia do DNI DO PROPIETARIO QUE RECIBE O CAN.
Unha vez realizado o cambio (troco) de propietario no REGIAC, a FGC remitirá ao federado o xustificante dos cambios efectuados no Rexistro. |