Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
TRÁMITES NO REGIAC
Inicio
Consulta de cans rexistrados
Solicitude de baixa de cans
Solicitude de cambio de persoa propietaria
Solicitude de modificación de datos do persoa propietaria
Solicitude de duplicado do pasaporte
Tarifas tramitacións
Trámites no REGIAC para cazadores federados

Solicitude de baixa de cans
por falecemento, extravío ou desaparición, ou por traslado a outra comunidade autónoma

Se ao recibir o listado dos cans de alta no REGIAC, a persoa federada comproba que nel aparecen cans que xa faleceron, aconséllase solicitar a súa baixa. A estes efectos deberá cubrir o formulario de AUTORIZACIÓN á FGC, acreditar que o can falecido foi debidamente incinerado ou entrerrado (certificado de incineración ou declaración responsable do persoa propietaria do en caso de enterramento) e a Solicitude oficial de baixa de cans no REGIAC, por cada un dos cans, na que se deberá indicar necesariamente a data de falecemento dos animais, e remitir os orixinais firmados á FGC.

No caso de baixas por traslado de cans a outras comunidades autónomas unicamente será necesario cumprimentar e enviar os orixinais á FGC da AUTORIZACIÓN e da solicitude oficial de baixa de cada un dos cans. Recoméndase que se cumprimente o modelo de cesión ou transmisión dos cans.

A FGC, unha vez realizado o trámite no REGIAC, remitirá á persoa federada o xustificante acreditativo conforme se inscribiu a súa baixa no Rexistro. No caso das baixas por traslado de CCAA a persoa federada deberá enviar ao novo persoa propietaria do can a baixa para que este poida tramitar a alta no rexistro correspondente da súa CCAA.

Solicitude de baixa de cans
Modelo de declaración responsable de enterramento do can

Modelo de documento de cesión / transmisión de cans



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza