Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
INFORMACIÓN SOBRE A FGC
Introducción
A nosa afiliación
A caza que defende a FGC
Contacto
A FGC opina
BLOG

Os cazadores defenden unha alianza permanente cos agricultores
A caza e a agricultura foron dende sempre dúas actividades rurais moi ligadas. En Galicia este vínculo é aínda máis estreito se cabe

Máis de 10.000 cazadores xa están a realizar “batidas” de caza maior

A caza e a agricultura foron dende sempre dúas actividades rurais moi ligadas. En Galicia este vínculo é aínda máis estreito se cabe, porque dos máis de 50.000 cazadores galegos, o 70% viven no medio rural, e outro 25% manteñen unha grande relación con el, alí teñen propiedades rurais que visitan a cotío. Isto fai que a caza nesta terra teña un compoñente social máis forte que noutras comunidades.

A caza, no noso tempo, é un elemento fundamental na regulación das especies silvestres, e o caso do xabaril é un claro exemplo. Dentro dese compromiso dos cazadores coa agricultura e a gandería como actividades fundamentais do medio rural, a xuízo da Federación Galega de Caza, a caza do xabaril debe facerse con criterios agroambientais, éticos e racionais. Así a densidade de xabaril debe ser a axustada a cada territorio, e naquelas zonas nas que os danos a cultivos xeneran problemas económicos e sociais deben rebaixarse as súas poboacións na medida do posible, sempre con criterios sustentables.

A normativa legal que regula a actividade cinexética prevé distintas posibilidades de actuación, ben durante a tempada hábil, ou noutros momentos con intervencións puntuais no caso de producirse danos significativos. As batidas e as esperas empréganse para rebaixar as poboacións xabarileiras, mentres que os cazadores con cans e sen armas teñen como finalidade espantar e desprazar os animais a outros terreos non agrícolas, nos intres que biolóxicamente non sería axeitada a súa caza. A administración proxecta que estas actuacións excepcionais para minorar os danos teñan un trámite de urxencia, en base a datos contrastados que coñece de pasadas campañas, co fin de reducir o tempo entre a detección do problema e a súa posible solución. Semella un camiño que é bo percorrer con responsabilidade e rigor, e coa esperanza de que sexa efectivo, non só co xabaril, senón tamén co lobo, xa que ambas especies xeneran danos e inquedanza no medio rural, aínda que con evidentes diferenzas de xestión entre ambas especies.

É preciso lembrar que na natureza nada é infaliblemente exacto. Os xabariles viven no seu hábitat e ao longo dos anos desenrolaron mecanismos de protección e defensa, que a veces imposibilitan o seu control eficaz. Sirva como exemplo e en base aos datos dos últimos anos que son necesarias tres cacerías, como media, para abatir cada xabaril.

Dende a Federación parécenos necesario sumar esforzos e vontades de agricultores, cazadores e administración para a prevención e minoración dos danos producidos polas especies silvestres, mediante unha xestión responsable e cada vez máis eficiente.

Como se acreditou ao longo dos anos, a caza non é o problema, senón que o labor dos cazadores é unha parte fundamental da solución, polo tanto tampouco pode responsabilizarse en solitario ao colectivo cazador das consecuencias da existencia de animais silvestres. Froito da preocupación e o compromiso dos cazadores cos agricultores e os danos nos seus cultivos, as Federacións Española e Galega organizan no vindeiro mes de outubro en Santiago de Compostela unha xornada sobre os danos producidos polas especies cinexéticas, no que participarán especialistas nos distintos ámbitos que conforman esta problemática, co fin de procurar solucións legais, técnicas e sociais.
 
Descargar este artigo en PDFEnviar por correo electrónico

Compartir en:   Chuza Men�ame Facebook Twitter Google Buzz


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza