A FGC presentouse en FICAAR cun stand no que os milleiros de visitantes puideron obter información sobre os diferentes proxectos e campañas levadas a cabo pola Federación Galega de Caza nos últimos anos. Proxectos como o “Observatorio da caza” o “Plan de Recuperación da Caza Menor en Galicia”, e campañas como a de “Caza Seguro” e “Compartir Caza” foron algunhas das iniciativas que máis interés suscitaron entre os máis de 10.000 visitantes que se achegaron ao stand da FGC. Sendo esta última iniciativa, “Compartir Caza”, unha das que máis gratamente sorprendeu a os cazadores onde recabaron e recopilaron información para posibles viaxes cinexéticos a nosa terra.
Tanto os galegos que se desprazaron a Madrid para visitar dita feira como os que viven espallados nos diferentes puntos da xeografía española mostraron a súa enorme satisfacción pola presencia da Federación Galega de Caza nunha das feiras internacionais do sector de maior interés que se celebran en España.
Tres días intensos onde a FGC, a través do seu stand, deu a coñecer a todo o mundo da caza nacional o traballo levado a cabo na nosa Autonomía e que foi correspondida polo numeroso público presente que non dudou en calificar de sorprendentes e sobre todo moi prácticos os diferentes traballos desenrrolados.
Dende la a Federación consideranse vitais estás labores de divulgación. |