Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
REDE NATURA 2000
O vindeiro 16 de marzo remata o prazo de alegacións á ampliación da Rede Natura 2000
7/3/2012

O prazo de participación prorrogouse un mes o pasado 16 de febreiro

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza publicaba o luns 2 de xaneiro un anuncio polo que acordaba someter á participación pública a proposta de ampliación da rede Natura 2000 de Galicia, establecendo un prazo dun mes para as pertinentes alegacións.

Sen embargo, o elevado número de consultas de particulares, concellos e interesados diversos e a solicitude de ampliación do prazo levou á Dirección Xeral a ampliar este prazo o pasado 2 de febreiro, a partires da sua publicación no DOG, que se producía o día 16 de febreiro.

A rede Natura 2000 en Galicia componse actualmente de 16 zonas de especial protección para as aves (ZEPA) así como 59 lugares de importancia comunitaria (LIC), que en conxunto abranguen case 500.000 ha de superficie.

Medio Rural presentou ao parlamento en decembro do pasado ano a nova proposta de lugares de importancia comunitaria (LIC), dando comezo ao proceso de ampliación da actual rede Natura 2000 de Galicia.

Pode descargar esta proposta na seguinte ligazón:
Proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ARMAS
24/01/2025
Novas medidas de seguridade para gardar as armas nos fogares

LOBO
03/12/2024
O Consello de Berna acepta a reducción do estatus de protección do lobo en Europa

LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
23/10/2024
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza