A Consellería do Medio Rural ven de facer público o anteproxecto da nova Lei de Caza de Galicia. Actualmente a Federación Galega de Caza atópase no proceso de revisión do texto para facer as alegacións oportunas.
Así mesmo, invitamos a tódolos cazadores e sociedades de caza a que nos fagan chegar as súas correccións, suxestións e alegacións a este texto para incorporalas no seu caso á proposta de modificación que entregará a Federación Galega de Caza en nome de tódolos cazadores e sociedades galegas.
Pode descargar o texto en dous formatos:
Descargar Anteproxecto da Lei de Caza de Galicia en PDF
Descargar Anteproxecto da Lei de Caza de Galicia en DOC (Word)