A Federación Galega de Caza, sae unha vez máis na defensa dos cazadores Galegos, sumándose ás alegacións presentadas pola Real Federación Española de Caza ante o Ministerio para que a venda de cartuchos se realice como se veu facendo tradicionalmente ata agora sen xerar ningún problema, adheríndose así ás alegacións formuladas tamén polo colectivo de armeiros e fabricantes de armas.
Con esta modificación do regulamento preténdese que a venda de munición deixe de ser libre, debendo presenta-lo comprador a guía de pertencia da escopeta, mentres que o vendedor deberá levar un libro rexistro no que anote as vendas efectuadas, orixinando molestias innecesarias para o cazador e para o vendedor ao non ter ningunha utilidade práctica nin para a Administración nin para os cazadores, xerando únicamente burocracia sen solucionar problemas porque estes non existen.
Coas alegacións propostas pola RFEC, os representantes dos cazadores pretendemos que o Artigo 36.4 quede redactado do xeito seguinte: “Sin necesidad de presentar documento alguno, ni practicar asientos en los libros-registro del establecimiento vendedor, podrá adquirirse un número ilimitado de cartuchos de caza no metálicos. En ningún caso, los particulares podrán tener en depósito un número superior de 5.000 unidades de esta clase de cartuchos”.