Como consecuencia do plan de reordenación do espectro radioeléctrico que está levando a cabo a Dirección Xeral de Telecomunicacións en toda España nos últimos anos, será obrigatorio a reprogramación de tódalas emisoras que estaban dadas de alta na provincia de Lugo.
Dende a delegación de Lugo da Federación Galega de Caza leváronse a cabo intensas xestións con instaladores, para que esta operación resultase o máis económica posible dado o volume de equipos, logrando varias propostas asequibles, que en moitos casos non superarán os 10€.
A principal novidade é que se amplía o número de frecuencias a 15 (antes eran 10), e tamén que cada cambio deberá ir acompañado do correspondente boletín de instalación, elaborado por un instalador tipo D autorizado en Telecomunicacións.
O procedemento para o cambio de ditas frecuencias é o seguinte:
- Identificar a emisora con nome, DNI, enderezo e teléfono cunha etiqueta pegada.
- Cargar completamente a batería
- Levala ao técnico elixido para facer o cambio de frecuencias.