Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PERSOEIROS GALEGOS
O cazador galego Artemio Formoso, un dos deportistas galegos máis importantes do 2010
29/3/2011

Como ven sendo habitual cada ano, dende o 2004, o xornal El Correo Gallego ven de realizar unha enquisa para seleccionar aos persoeiros galegos máis importantes do ano. Posteriormente, co resultado das votacións, un comité de máis de 300 notables independentes elabora un ranquin global e por categorías dos galegos máis influentes.

Nunha listaxe onde os primeiros postos están copados por políticos, banqueiros e outros grandes empresarios, o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o creador de Inditex, Amancio Ortega; e o Ministro de Fomento, José Blanco, son os tres galegos máis influentes do ano segundo este ranquin.

Atendendo só a categoría de Deportistas, destaca a presenza, no 6º posto, do cazador galego Artemio Formoso Barro, quen acadou o Campionato do Mundo de Compak Sporting, na categoría de handisport, tras perder o brazo nun accidente de moto.

Formoso, que se atopa no posto 234 xeral do ranquin de persoeiros –dun total de 628 persoas votadas-, recibe así un novo recoñecemento ao seu esforzo, dedicación e capacidade de superación dentro do deporte da caza.

Ligazóns
Ranquin dos 125 galegos máis influentes
Ranquin dos Deportistas galegos máis influentes

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza