Friol
O pasado 23 de xaneiro disputábase no Tecor da Sociedade de Cazadores de Friol o Campionato de Raposo deste concello lucense, proba puntuable para a Copa Galicia da modalidade. Nestes terreos de tradición raposeira, os 13 equipos inscritos para a proba conseguiron abater un total de 8 raposos e avistar un bo número deles. O equipo Os D´Golpe subiu o caixón máis alto o abater un total de 2 raposos, por detrás del quedou situado a cuadrilla de Santa Irene. Completou o podio o equipo de Pasarela tamén cun raposo abatido.
1º Os D´Golpe ------------- 2 raposos
2º Santa Irene ------------- 1 raposo
3º Pasarela ----------------- 1 raposo
4º Parrillada Antonio -- 1 raposo
5º Urogallo ----------------- 1 raposo
Val de Lemos
O 30 de xaneiro disputábase no Tecor da Sociedade de Cazadores Val de Lemos o Campionato de Raposo Val de Lemos, proba puntuable para a Copa Galicia da modalidade. Un total de 9 equipos inscritos tentaran dar caza o astuto raposo nas pouco máis de 5 horas que durou a proba. A xornada cinexética pódese calificar de frutífera xa que se avistaron un número importante de raposos que esquivaron as escopetas a pesar de que se conseguiron abater un total de 10 exemplares. Para obter a clasificación final, fíxose preciso recorrer a sorte xa que foron 4 os equipos que empataron con dous raposos. E no azar, foi o equipo de A Pagada o que obtivo maior sorte acadando o primeiro posto, seguido de San Cristobal de Lema e Doble Cero, respectivamente.
1º A Pagada --------------------------- 2 raposos
2º San Cristobal de Lema ------ 2 raposos
3º Doble Cero ------------------------ 2 raposos
4º Guláns é Noso ------------------ 2 raposos
5º Ponte de Neira ------------------ 1 raposo
Navia de Suarna
O 6 de febreiro disputábase no Tecor da Sociedade de Cazadores de Navia de Suarna o Campionato de Raposo de dita localidade, proba puntuable para a Copa Galicia da modalidade. A este recuncho da montaña lucense acudiron un total de 4 equipos inscritos. Apesares de disfrutar de unhas excelentes condicións climáticas para a práctica da caza, os agrestes e amplos montes deste Tecor dificultaron a caza do vulpes, sendo tan so dous exemplares os que chegaron o control. Foi o equipo O Coyote o que acadou estas dúas pezas co que se situou no primeiro posto, seguido e por sorteo de Os D´Golpe e a Xistra, respectivamente.
1º O Coyote --------------------------- 2 raposos
2º Os D´Golpe-------------------------- -
3º A Xistra ----------------------------- -
4º Santa Bárbara -------------------- -