O martes 8 de xuño tiña lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “orde de vedas” que regule os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a inminente tempada de caza.
Dito Comité está formado polos diferentes representantes dos cazadores galegos, ecoloxistas e administración, todos eles baixo a presidencia de Ricardo García-Borregón Millán, Director Xeral de Conservación da Natureza.
Estas son as datas propostas polo Comité, sendo á Consellería do Medio Rural a quen corresponde aprobar a correspondente orde.
Período hábil con carácter xeral | Dende o 17 de outubro ata o 6 de xaneiro |
Días hábiles con carácter xeral | Xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico |
Adestramento de cans | Dende o 2 de setembro ao 16 de outubro xoves, sábados, domingos e festivos. Do 17 de outubro ata o 6 de xaneiro xoves, domingos e festivos |
CAZA MENOR | |
Arcea e Agacha | Dende o 17 de outubro ata o 6 de xaneiro. Tecores con plan aprobado ata o 6 de febreiro |
Lebre | Dende o 17 de outubro ata o 5 de decembro en terreos de réxime cinexético especial |
Raposo | En ganchos dende o 29 de agosto ata o 6 de febreiro. Tódalas modalidades dende o 17 de outubro o 6 de xaneiro |
Paspallás | Tempada hábil xeral. Nos Tecores da antiga lagoa de Antela, dende o 21 de agosto ata o 12 de setembro (sábados e domingos) |
Pombo torcaz | Tempada hábil xeral. Nos Tecores da antiga lagoa de Antela, dende o 21 de agosto ata o 12 de setembro (sábados e domingos) |
Aves Acuáticas | Período hábil xeral |
Outras especies | No caso dos tordos en periodo hábil xeral. Nos Tecores incluídos nos concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, O Rosal e Tui increméntase este periodo ata o 30 de xaneiro. |
CAZA MAIOR | |
Corzo | En axexo dende o 1 de abril ata o 31 de julio solo machos. En gancho, montería e axexo dende o 29 de agosto ata o 16 de octubre para os machos e dende o 26 de setembro ata o 16 de outubre máis o 23 de outubro para as femias |
Xabaril | Dende o 29 de agosto ata o 30 de xaneiro |
Cervo, Gamo e Muflón | En axexo dende o 12 de setembro ao 10 de outubro. Gancho e montería do 10 de outubro ao 20 de xaneiro |